escudo
nome
principal

Henrique Manuel Rabunhal Corgo



Lugar de nacemento: A Pastoriza (1962).


Xénero: Poesía, ensaio, teatro e narrativa.


Obras principais:
Colabora activamente en publicacións como El Ideal Gallego, Cadernos da Escola Dramática Galega, La Voz de Galicia, O Ensino, A Nosa Terra, Cadernos do Povo, El Correo Gallego, Nós, Agália, Luzes de Galiza, Casahamlet, Çopyright, Enclave, Raigame, Bravú, A Rúa ...


A súa obra poética, que iniciou dentro do grupo poético "Quente ilha de ningures", está recollida nos títulos Paixom e morte dun condenado (1984), Poemas da luz e da loucura (1993) e O tempo demorado nos marmelos (2000). Como narrador é autor de Epistolario en catro tempos (1985), A fariña das horas (1998) e Airadas de palabras (1998). Tamén probou sorte no teatro, coas obras A noite das noites (1985) e Mumias no país de Luzetro (2000).
Como ensaísta destaca o seu traballo Textos e contextos do teatro galego (1671-1936) (1994). Outros títulos de investigación inclúen A Coruña na historia (1999), Jenaro Marinhas del Valle, a vida escura (2000) e O Padre Sarmiento. Arquivo da lingua e cronista da patria (2002).


Recoñecementos: Premio Teatro Breve da Escola Dramática Galega, Galardonado no Concurso Literario de Culleredo, no Breogán de Contos, no Galaico-Leonés de Narrativa, no de poesía Meigas e Trasgos, no de Contos Infantís O Facho, no de Poesía D. A. de Andrade, no I Certame Maio Literario. "Arteixán do ano 1994" e o Premio Carvalho Calero de Investigación Lingüístico-Literaria.

escudo
Valid XHTML 1.1

Proxecto cosubencionado por:


consellería de industria
castelan galego